Valdoviño acolle este xoves unha reunión veciñal sobre o parque eólico Badulaque

Aberta á cidadanía, dará comezo ás 18:00 horas no local de Vilaboa, coa participación dos grupos da corporación e o arquitecto municipal
EOLICO

A plataforma cidadá de Afectados polos Eólicos en Vilaboa organizará mañá xoves unha reunión veciñal sobre o parque eólico Badulaque. Nela tomarán parte os portavoces de todos os grupos municipais da corporación local: Alberto González (PSOE), Javier Bouzamayor (PP), Dolores Veiga (Centristas) e Alberto Ameneiros (BNG), así como o arquitecto municipal, Carlos Abeledo, e representantes da asociación Ventonoso no marco do convenio coa Deputación.

Nela, informarase sobre o informe das alegacións ao parque, as actuacións levadas a cabo dende o Concello e as previstas, as recomendacións a seguir polo afectados do parque e, finalmente, abrirase unha quenda de rogos e preguntas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.