Valdoviño acolle o 10 de xuño a cuarta xuntanza de palilleiras

O pavillón do CPI Atios volverá a converterse no seu escenario durante toda a xornada

Arquivo - Xuntanza en palilleiras en Valdoviño en 2019

A cuarta edición da Xuntanza de Palilleiras e Multilabores de Valdoviño celebrarase o vindeiro sábado 10 de xuño. Regresará así ao calendario municipal tras tres anos de parón forzado pola pandemia. O pavillón do CPI Atios volverá a converterse no seu escenario durante toda a xornada, de mañá de 10:30 a 14:00 horas, e de tarde de 16:00 a 19:00 horas. Un escaparate privilexiado para o municipio, xa que se prevé a asistencia de palilleiras procedentes de toda Galicia. Na última edición, máis de 350.

Detrás da organización da cita está a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, que leva meses traballando nos preparativos, e volverá a contar co apoio do Concello. O prazo para recepcionar as solicitudes de participación por parte das asociacións mantense aberto, coa previsión de igualar eses rexistros, e pode formalizarse a través dos teléfonos 604 06 41 80 e 608 97 99 07.

Salir de la versión móvil