Valdoviño activa o Programa Mellora de formación e acceso ao emprego

As dúas primeiras accións formativas están centradas en labores sociosanitarias
rcp-desa

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, anunciou esta mañá a posta en marcha do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego. Un programa que arrancará a próxima semana con dúas accións formativas centradas no eido social e sanitario. O prazo de inscrición está aberto no departamento municipal de Servizos Sociais.

A primeira delas, baixo o título “Acompañándote, todos e todas contamos”, trátase dunha formación en materia de voluntariado social, de 20 horas de duración, en modalidade semipresencial. Impartirase online e contará con sesións presenciais na Casa da Cultura. As prazas son limitadas e o custe é de 10 euros. Trátase dun proxecto que pretende formar ao voluntariado nos procesos de acompañamento ás persoas (infancia, maiores, enfermas ou dependentes). O acto de acompañar, que a simple vista pode resultar doado, comporta interiorizar certas ferramentas para non levar ao persoal a vivencia e realidade de quen acompañan.

No segundo caso, o curso leva por título “Formación en primeiros auxilios e uso do desfibrilador”, avalado pola Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria (SemFIYC), o Consello Español de RCP e homologado polo Consello Europeo de RCP. Celebrarase o 30 de xuño, na Casa da Cultura. De catro horas e media de duración, terá lugar entre as 16.30 e as 21.00 horas. As prazas tamén son limitadas e, o custe de participación, é de 10 euros. Neste caso, entre os contidos a abordar está o recoñecemento de forma rápida dunha parada cardiorrespiratoria; aplicación das técnicas de permeabilización da vía aérea, incluíndo as medidas iniciais ante a obstrución por un corpo estraño (atragoamento); realizar unha reanimación cardiopulmonar de alta calidade, ou utilizar o desfibrilador dunha maneira eficaz e segura.

En todo caso, os cursos terán unha bonificación do 100% para aquelas persoas que se viron afectadas laboralmente polo COVID-19 (cese de actividade autónoma, regularización de emprego ou despido).

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.