Valdoviño conmemorará o Día dos Humidais cunha visita guiada pola SGHN á lagoa da Frouxeira

O alumnado do CPI Atios participará neste programa de divulgación medioambiental que impulsa a Administración local co apoio da asociación
Lagoa de A Frouxeira
Lagoa de A Frouxeira

Este xoves, Día Mundial dos Humidais, alumnos e alumnas de 4º curso da ESO do CPI Atios tomarán parte nunha visita guiada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) á lagoa da Frouxeira. A iniciativa, coa que se conmemora no municipio esta significativa data, inclúese no programa de divulgación medio ambiental que a Administración local leva a cabo ao longo do ano en colaboración coa asociación que preside Xan Rodríguez Silvar. Con el, búscase favorecer a aprendizaxe sobre esta espectacular contorna natural, contribuíndo así ao seu coñecemento, respecto e protección. 

Para isto, técnicos da SGHN son os encargados de guiar eses percorridos concertados polos coles á contorna da lagoa. Así, cun discurso adaptado á idade dos nenos e mozos participantes, os monitores explícanlles a importancia do humidal, céntranse na súa flora e fauna singular, abordan a súa historia e funcionamento ou as figuras de protección que rixen o territorio, entre outros contidos. E todo, acompañado da observación e de diferentes dinámicas e xogos. Así, o programa está aberto aos centros da comarca, que tan só deben concertar a cita poñéndose en contacto co Concello a través do teléfono 609 66 98 01. 

A lagoa da Frouxeira é un dos cinco humidais protexidos en Galicia e conta, ademais, con outras figuras de protección como as de humidal protexido de importancia internacional, zona de especial protección para as aves (ZEPA), zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e zona de especial conservación (ZEC).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.