Valdoviño formará en materia de igualdade ao monitores infantís

Celebrarase o venres 2 de decembro, con participación gratuíta e inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais
monitores-infantiles

O Concello de Valdoviño celebrará unha acción formativa dirixida ao monitorado que traballa coa infancia no ámbito municipal co obxectivo de mellorar a capacitación profesional e adquirir ferramentas para traballar cos nenos e nenas desde a igualdade de oportunidades e a prevención de violencia.

Incluída no programa municipal «Somos e Contamos», a formación é gratuíta, e terá lugar o venres 2 de decembro, entre as 16:30 e as 20:30, no centro sociocomunitario. Así, as persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais -981 48 70 41 extensión 5-. 

Entre os contidos do curso, abordarase a socialización diferenciada, división sexual do traballo, estereotipos de xénero, recursos básicos para a educación en igualdade de xénero, educación emocional e ética dos coidados, modelos relacionais, diversidade sexual e de xénero, novas masculinidades, pornografía e sexualidade na adolescencia. 

Así mesmo, as persoas que completen a formación recibirán un certificado cos contidos e duración da formación.  Este proxecto, que desenvolve Aventeira, está subvencionado nun 80% pola Deputación da Coruña, cun importe de 14.140,84 euros, a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2022.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.