Valdoviño habilita unha «conta solidaria» para recibir doazóns dos veciños

As axudas destinaranse aos programas que o departamento de Servizos Sociais ten en marcha
Casa_do_concello_de_Valdoviño (1)

O Concello de Valdoviño informou esta mañá dunha conta específica aberta para os Servizos Sociais municipais. Dase así resposta ás peticións trasladadas por veciños e veciñas, empresas e negocios locais que desexan realizar unha aportación económica solidaria nesta situación de alarma sanitaria.

Unha axuda que xa se materializou en casos como o da Fundación da Cooperativa de Vilaboa, que entregaba un cheque por valor de 6.000 euros para contribuír aos programas do departamento municipal.

O certo é que as mostras de axuda e colaboración por parte da sociedade valdoviñesa non cesan e quen máis e quen menos está a implicarse na axuda para combater a crise sanitaria. Co seu tempo, coa donación de material, coa adquisición de recursos, coa contribución do seu traballo e nas últimas semanas o Concello ten recibido unha morea de solicitudes para realizar aportacións tamén económicas dirixidas á veciñanza en situación de especial vulnerabilidade. É por iso que o Concello activou esta conta solidaria (Abanca IBAN ES47 2080 0213 5431 1000 0026) na que poder facer doazóns baixo o concepto  «Donación solidaria COVID19 Servizos Sociais».

Lémbrase tamén que, unha vez superada esta situación, as persoas que realizaron as súas donacións poderán solicitar ao Concello un certificado que acredite o feito, permitíndolle desgravar a cuantía na declaración da renda do ano 2020.

Pero, en que se traducirá esa aportación económica? Fundamentalmente, en axudas de emerxencia social. Recursos de todo tipo -alimentos, menciñas, abono de alugueres- dirixidos a aqueles veciños e veciñas que peor o están a pasar, garantizándose o acceso aos recursos de primeira necesidade. Por último, o Concello quere agradecer a solidariedade de todos os veciños e veciñas, que están a dar un auténtico exemplo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.