Valdoviño incorpora a dous auxiliares de policía

Amplíase de tres a cinco o número de axentes municipais

O Concello de Valdoviño anunciou hoxe a incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local, ampliando de tres a cinco o número de axentes municipais. A actual situación de alerta motivou a súa incorporación inmediata ao servizo e, unha vez se dé por superada, os auxiliares completarán a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, tal e como marca a normativa.

O Concello de Valdoviño ten delegada na Xunta, vía convenio, a selección de persoal, polo que foi a Administración autonómica a que convocou as dúas prazas mediante procedemento de oposición libre.

Salir de la versión móvil