Valdoviño inicia o reparto de mascarillas entre os nenos e nenas de 3 a 14 anos

Os interesados terán que mandar unha mensaxe de Whatsapp ao 653 63 64 17 especificando o nome a dirección do menor

O Concello de Valdoviño iniciará mañá venres 8 de maio o reparto de mascarillas hixiénicas reutilizables para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos e de mascarillas dun só uso para aqueles de 9 a 14 anos que estean, en ambos casos, empadronados no municipio.

As persoas interesadas neste material de protección, que se entregará gratuítamente, deben solicitalo chamando ou enviando un whatsapp (especificando nome e apelidos e dirección de residencia) ao número 653 63 64 17. O Concello fixará unha data para a súa recollida, que deberá realizarse na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol.

 

Salir de la versión móvil