Valdoviño instalará casetas de socorrismo e aseos móbiles nalgúns areais

A inversión, de preto de 83.000 euros, estará subvencionada en parte pola Deputación e suporá un ahorro de 10.000 euros anuais en alugueres

O Concello de Valdoviño decidiu a adquisición de casetas de socorrismo e aseos móbiles para os areais, que serán suministrados pola empresa Cimbra Contracts. As infraestruturas se emprazarán naquelas praias do municipio que carecen de instalacións permanentes e, segundo explicou o alcalde, Alberto González, con esta iniciativa o Concello evitará cada verán o correspondente desembolso polo aluguer destas instalacións, estimado nuns 10.000 euros anuais.

A adquisición e instalación, por importe de 82.989 euros, finánciase cunha achega da Deputación provincial da Coruña e máis fondos municipais. En concreto, o Concello prevé a adquisición de tres aseos e de 4 instalacións de socorrismo. Nos dous casos, cunha estética unificada e cunha estrutura metálica e en madeira tratada, material respectuoso e acorde coa contorna natural.

As unidades solicitadas serán portátiles, de tal xeito que poderán ser trasladadas e reubicadas en función da demanda de cada momento. Os aseos serán adaptados para persoas con diversidade funcional.

 

Recreación das casetas que se instalarán nos areais de Valdoviño
Salir de la versión móvil