Valdoviño reactiva o servizo para axuda aos veciños cos trámites da nova numeración

Atenderá ao público os martes e xoves de 09:00 a 14:00 horas na casa consistorial
Panorámica de Valdoviño
Panorámica de Valdoviño

A partir da próxima semana, o Concello de Valdoviño reactivará o servizo de atención cidadá para axudar a veciños e veciñas nos trámites que deben realizar trala entrada en vigor da primeira numeración oficial do municipio. Unha medida que conleva a necesidade de actualizar documentación oficial como o DNI, o carnet de conducir, o domicilio fiscal ou os datos en bancos e entidades financieras, así como de comunicalo a empresas subministradoras de servizos -operadores móbiles ou compañías eléctricas-. A través deste servizo asesorarase á cidadanía e facilitarase a realización dos trámites de carácter municipal, ao tempo que se axudará a concertar citas naquelas administracións e entidades nas que fose preciso, ademais de resolver dúbidas e consultas. 

Así, o servizo estará operativo os martes e xoves, de 09:00 a 14:00 horas, na casa consistorial, e prevese o seu funcionamento ata finais do mes de febreiro.  Coa aprobación da numeración oficial, o Concello buscaba dar seguridade legal e erradicar problemas que se producían de sempre como no servizo de correos ou envíos a domicilios. Ademais, a Administración local procedía á colocación da sinaléctica provisional, que se prevé se substitúa por unha nova, xa de carácter permanente, unha vez se resolva o proceso de adxudicación do contrato de subministro, hoxe en trámite cun orzamento superior aos 42.000 euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.