Valdoviño solicita a paralización do parque eólico Badulaque á vista dos erros na súa Declaración Ambiental

O documento non recolle, por exemplo, as alegacións presentadas polo propio Concello
EOLICO

O Concello de Valdoviño ven de reiterar a súa oposición ao parque eólico Badulaque e insta ao Goberno central a dar marcha atrás na súa aprobación. Nun escrito asinado polo alcalde e remitido hoxe á Subdelegación do Goberno na Coruña, alerta dun grave erro na resolución publicada no Boletín Oficial do Estado pola Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental pola que se formula a Declaración Ambiental do parque. Nun dos anexos, indícase que o Concello de Valdoviño non presentou alegacións ao parque, cando estas se rexistraron, xunto ás dos propietarios e afectados, con data de 2 e 3 de setembro de 2021. Á vista desta situación, o Concello solicita á subdelegación que aclare se foron valoradas, xa que tampouco se recibiu resposta ao respecto, e en caso contrario, que se paralice o procedemento, se retrotraigan as actuacións e se redacte unha nova Declaración de Impacto Ambiental.

No seu escrito, o Concello tamén sinala que con data do 4 de xullo de 2022 a propia Enegreen Power cursou unha solicitude ante a Administración local requerindo o informe e certificación da clasificación do solo e súa compatibilidade de uso. Na súa remisión de información, o Concello advirte da aprobación en pleno, con data do 25 de novembro de 2021, dunha modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento relativa á delimitación de núcleos rurais coa que algúns dos aeroxeneradores planteados non cumplirían a distancia mínima de 500 metros aos núcleos rurais de O Seixidal e San Pedro. 

Por último, o Concello solicita unha reunión urxente coa subdelegada e co delegado do Goberno en Galicia para aclarar a situación xerada. Así mesmo, bota en falta que a Xunta non informase xa no seu momento sobre o impacto do parque e limitase a súa valoración a indicar que non estaba incluído no Plan Eólico de Galicia. Máis aló, a falla de resposta ás alegacións supón en todo caso unha auténtica falta de respeto aos veciños e veciñas do municipio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.