Valdoviño suma dous aparcadoiros e reabre un terceiro na Frouxeira para adaptarse aos novos aforos marcados pola Xunta

Coa reapertura gáñase un total de 300 novas prazas de estacionamento

O Concello de Valdoviño puxo en servizo a partir de hoxe 30 de xullo dúas novas zonas de estacionamento con capacidade conxunta para uns 100 vehículos, e reabriu unha terceira para outros 200 nas inmediacións da praia e lagoa da Frouxeira.

Esta nova medida responde ás novas indicacións en materia de aforo marcadas pola Xunta de Galicia e publicadas no DOG o pasado sábado, no que se reduce de 4 a 3 metros cadrados o espazo por persoa nas praias, ampliando deste xeito o número permitido de usuarios e usuarias.

O Concello tamén tentou dar resposta ás demandas trasladadas por unha parte dos representantes do sector da hostalería da zona da Saíña, que solicitaban máis espazo para aparcar para atender ás necesidades dos seus clientes, gañando neste caso 200 prazas.

O segundo espazo sitúase a escasos metros do cámping da Lagoa, moi próximo ao parque infantil e parque biosaudable, con capacidade para outros 50 vehículos. E, o terceiro aparcadoiro,  no mesmo inicio do paseo da lagoa da Frouxeira tamén goza dunha capacidade para outro medio centenar de vehículos,  buscando así diversificar o máximo posible o acceso ao areal.

Salir de la versión móvil