Valdoviño tramitou máis de 50 expedientes de obra no que vai de ano

A meirande parte das peticións foron para arranxos menores como cubertas, piscinas ou peches

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que nestes primeiros cinco meses do ano o Concello tramitou un total de 53 expedientes de obra. Deles, 40 correspondéronse con obras menores como reparacións de cubertas, actuacións en piscinas, construcións de peches; outros 8 con obras maiores, tanto construcións novas como rehabilitación de vivendas, e outras 3 de inicio de actividade.

E é que a actividade no departamento municipal de Obras non se viu interrompida polo estado de alarma decretado a raíz do COVID-19. O único que se modificou foi a presentación de documentación, exclusivamente pola vía telemática. As cifras, en palabras do alcalde, confirman a tendencia positiva dos últimos anos, nos que Valdoviño está a consolidarse como un municipio receptor de poboación.

Salir de la versión móvil