Varias orcas atacan un veleiro nas proximidades do Cabo Prior

O "Beautiful Dreamer" tivo que ser rescatado polo buque Salvamar Betelgeuse tralo ataque dunhas orcas que deixaron destrozado o timón do barco
orcas prior

Este venres 11 de setembro os tripulantes do veleiro inglés «Beautiful Dreamer» viviron momentos de tensión cando navegaban polas augas próximas ao Cabo prior ao seren atacados por varias orcas de gran tamaño deixando o timón da embarcación completamente inservible.

Salvamento marítimo reicibiu hai escasas horas varias chamadas levadas a cabo pola Radiocostera e outra realizada dende Inglaterra, as cales alarmaban da perigosa situación que estaba a vivir o veleiro tras o repentino ataque de varias orcas a tan só seis millas de Cabo Prior. Os tres tripulantes que se atopaban no momento da colisión na embarcación non sufriron ningún dano máis que o susto levado despois de que da rachadura do timón

Tras aguantar as embestidas das orcas durante varios minutos de tensión, os tres pasaxeiros a bordo do navío necesitaron a axuda do Salvamar Betelgeuse, o cal achegouse ata a zona e remolcou o veleiro, o cal ten estimado chegar aproximadamente ás 18.00 horas á Mariña da Coruña sen ningunha outra avería reseñable.

Aviso por outro ataque de orcas

Desafortunadamente este non é o primeiro ataque que estas especies marinas acometen nas últimas semanas. De feito, foi o pasado domingo 30 de agosto cando outro veleiron, o ferrolán «Mirfak», rachaba tamén o seu timón tras a repentina embestida de tres orcas en augas de Baiona. Anteriormente a este incidente, ese mismo día dúas embarcacións máis sufriron o mesmo incidente, aínda que en ningunha das colisión houbo que lamentar feridos.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.