Volta o cine nocturno ao aire libre no concello de Meirás

A primeira sesión de balde terá lugar o xoves 9 de xullo no campo de festa de Meirás, coa proxección do film "O bosque animado"
20140913_getafe_cine_verano_060000

O Concello de Valdoviño convida a nen@s e maiores a unha sesión de cine ao aire libre nocturno este xoves 9 de xullo. Celebrarase a partir das 22.45 horas no campo da festa de Meirás, convertida unhas horas nunha sala de proxeccións para acoller o pase do filme de animación «O Bosque animado».

A entrada é de balde, pero precísase retirar invitación previamente na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol -un máximo de 5 por persoa-. Así, pódese facer hoxe luns 6 de xullo ata o día día 8 entre as 11.00 e as 17.00 horas.

Así mesmo, o municipio axustarase en todo momento á normativa vixente en relación á prevención da Covid-19. Nesta liña, decidiuse programar as actividades ao aire libre delimitando os espazos e adaptándoos ao aforo permitido. O uso de mascarillas será obrigatorio naquelas actividades nas que non se poida manter a distancia de seguridade, e o Concello recomenda o seu uso xeneralizado en todas elas.

Por último, e no caso de que sobrasen invitacións, estas estarán a disposición do público o mesmo día da actividade e repartiranse por orde de chegada das persoas interesadas. De igual xeito poderán ser dispostas para o seu uso aquelas cadeiras que non fosen ocupadas polas persoas que tendo invitación non acudan á actividade ou chegasen tarde ao acto. Non se admitirán as reclamacións por estas circunstancias.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.