Continúan aumentando o número de veciños das comarcas contaxiados por coronavirus nas comarcas de Ferrolterra, aínda que seguen a ser tres os pacientes ingresados nas últimas horas. En total, contabilízanse 636 casos detectados ata o momento, 5 máis que onte, dos cales o número de activos son 133. Nas últimas 24 horas déronse 5 altas epidemiolóxicas. Hai que ter en conta que os luns o número de contaxios é menor, xa que os datos rexistrados pertencen ao domingo, cando menos probas se realizan.
Estes números non se acadaban desde antes da desescalada. Habería que remontarse ata primeiros de maio, aínda en pleno Estado de Alarma, para atopar cifras similares. Desde que o Sergas ofreceu oficialmente rexistros de casos activos na área de Ferrol, que foi o 29 de abril, o máximo acadado foi de 159 pacientes contaxiados por Covid.
Mentres, o CHUF continúa co seu plan de detención temperá do Covid, co que xa leva realizadas máis de 25.000 PCR das cais só un 3% foron positivos nas últimas dúas semanas. Actualmente a meirande parte dos gromos están controlados e cada vez son máis os casos illados que apenas presentan sintomatoloxía. Aínda así, é máis necesario que adoptar as diferentes medidas de prevención do virus para evitar que o número de contaxiados siga esta curva ascendente, e máis tendo en conta a volta ás aulas cada vez máis preto.