Xa son 37 os afectados en Ferrolterra polo coronavirus

Son nove casos máis que onte e a previsión e que as cifras se disparen cos novos tests desde o coche implantados polo SERGAS

O área sanitaria de Ferrol segue a sumar novos casos de coronavirus, alcanzando xa a cifra de 37 infectados polo Covid-19. Son 9 afectados máis que onte, domingo, á mesma hora. Do total de casos, 19 deles permanencen en domicilio e 18 hospitalizados. Destes últimos, 6 están na UCI e 12 en planta.

O SERGAS ten a previsión de que nos próximos días aumente exponencialmente esta cifra xa que hoxe comezaranse a facer os test desde o coche no Novoa Santos a todas aquelas persoas sospeitosas de poder ter o virus. Isto, creen dende o Servizo Galego de Saúde, disparará o número de positivos nos próximos días, pero servirá para conter o avance do virus.

Primeiras mortes en Ferrol

Onte, producíronse os dous primeiros falecementos por coronavirus rexistrados no área sanitaria de Ferrol. Pola mañá morreu unha muller de 77 anos que estaba ingresada no hospital Juan Cardona de Ferrol y pola tarde confirmouse o falecemento dunha segunda persoa, unha muller de 92 anos que se atopaba no Arquitecto Marcide. Ambas tiñan múltiples patoloxías previas e foran diagnosticadas de infección por coronavirus.

Trátase dos primeiros falecementos por coronavirus que se producen no área sanitaria de Ferrol. Non así das primeiras víctimas veciñas da comarca, xa que a pasada semana morreu un home de 72 anos de Cedeira que estaba ingresado no CHUAC da Coruña.

Máis de 1.100 casos en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.170, deles 298 son da área da Coruña, 62 da de Lugo, 142 da de Ourense, 164 da de Pontevedra, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago.

Ademáis, hoxe deu a coñecer unha boa noticia respecto á pandemia. O primeiro paciente que deu positivo por coronavirus en Galicia, un home de 49 anos procedente de Madrid, foi dado de alta da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e atópase ingresado en planta.

Así o informou o xefe da UCI do Hospital da Coruña, David Freire, que confirmou que na tarde do domingo deuse de alta da Unidade de Coidados Intensivos “ao primeiro paciente diagnosticado por Covid-19 na área sanitaria da Coruña e Cee” e que supuxo tamén o primeiro en Galicia. Ademais, confirma que se trata do primeiro paciente dado de alta de UCI en Galicia. Tras as probas practicadas e con dous negativos en senllos test realizados, atópase agora ingresado en planta.

Salir de la versión móvil