Renovados os datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Ferrolterra conta cun total de 69 pacientes infectados pola Covid-19, dez máis que onte. A alarma social en toda a comunidade autónoma non cesa, onde xa hai 1.623 casos positivos en toda Galicia: 960 son de A Coruña, 136 de Lugo, 145 de Ourense, 84 de Pontevedra, 138 -a única que baixa un só caso- do área de Vigo e 91 da de Santiago, sendo aínda Ferrol a que menos contaxios ten. Na actulidade, dos 1.623 afectados polo virus 5 permanecen na UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.563 nos seus domicilios.
Segundo podíase coñecer onte tras información aportada polo Sergas, na localidade de Cedeira xa son 8 os infectados tras aparecer un novo gromo -cando son 3 ou máis os casos relacionados entre si considérase como tal-, onde un total de 7 persoas pertencentes a un núcleo de convivintes contraxeron a Covid-19.
No que respecta a Ferrol, este luns 17 de agosto os sindicatos de Navantia confirmaron dous positivos, un nas instalacións de Fene e outro nas de Ferrol, o que obrigou a desinfectar tanto as taquillas como á elaboración dun mapa de contactos persoais de ambos. Polo momento Ferrol mantén os seus centros hospitalarios libres, posto que todos os afectados só sufren síntomas leves e non necesitan asistencia médica.
Na área sanitaria de Ferrolterra xa son 690 os afectados polo virus, dos cales 33 perderon a vida. En Galicia, a día de hoxe un total de 625 persoas faleceron a causa da Covid-19.