Xa son 97 os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Ferrol

Nas últimas 24 horas déronse dúas altas epidemiolóxicas, pero os casos aumentaron en 10 persoas
DSC_2142

Ferrol segue a sumar novos contaxios nesta segunda onda do Covid-19 e faino a unha media de case dez novos casos ao día na última semana. Son xa 97 os casos activos contabilizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Os principais brotes atópanse en Cedeira, onde hai 9 casos confirmados e Cerdido, con 16. Nas últimas horas tamén se coñeceron dous novos casos na factoría de Navantia, onde dous traballadores de compañías auxiliares deron positivo nos test PCR. Isto supuxo poñer a preto dunha trintena de persoas en corentena esperando o resultado das pertinentes probas.

Ata o momento, a pesar do rápido crecemento do virus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a meirande parte dos doentes non presentan cadros clínicos complicados e apenas teñen síntomas. De feito, non se produciron de momento hospitalizacións. Outra boa nova e que nas últimas 24 horas déronse dúas altas epidemiolóxicas.

Dentro do plan de CHUF para detección temperá do Covid-19, xa se levan realizadas 23.500 probas PRC, e nas últimas 24 horas fixéronse 238 tanto no Marcide como nos puntos móbiles habilitados no Novoa Santos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.