Xa son oito os infectados por Coronavirus en Ferrol

Tres deles permanecen ingresados e reciben atención no Arquitecto Marcide

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de Coronavirus en Galicia ascende a 333, deles 108 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 47 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 56 da de Santiago, e 8 da de Ferrol.

Un positivo máis que onte no área de sanitaria de Ferrol. Este é o terceiro día consecutivo que aumenta o número de afectados polo Coronavirus. Dos oito pacientes detectados tres permanecen ingresados no Hospital Arquitecto Marcide. Trátase de tres varóns de 35, 41 e 71 anos e o seu estado é estable. Os outros cinco casos permanecen en illamento doméstico.

A estes casos hay que sumarle o do celador mugardés infectado no hospital de Oza da Coruña, que computa neste área sanitaria.

 

Salir de la versión móvil