O santo e a serpe: A capela de San Cristovo, lendas e denominación

MicrosoftTeams-image (7)

Vai uns  anos, cando apenas esta asociación comezara o seu percorrido, unha das primeiras actividades proxectadas foi unha andaina pola parte exterior da ría ferrolá. En coherencia có noso obxectivo fundacional, achegar o patrimonio e a historia á veciñanza, o percorrido pola costa incluía unha serie de paradas naqueles bens patrimoniais espallados pola ribeira. Así pois, un dos lugares sinalados era unha capela adicada ao santo Cristovo.

Se ben a fábrica da mesma é contemporánea debido as vicisitudes polas que pasou, sendogravemente danada nun incendio provocado no ano 1933 e, posteriormente, reconstruída en varias ocasións (a última delas nos anos 80), o seu principal interese radica na rica tradición articulada entorno ao templo.

Capela de San Cristovo ( Parroquia de Santa María de Brión) A fachada do templo está feita en sillería mentres que o resto de muros están realizados con cachotería e cemento. Presenta unha planta retangular con dos espazos diferenciados, e teitume a dous augas. Na fachada aprécianse os ocos onde se encaixaría as vigas dun pórtico

Capela de San Cristovo ( Parroquia de Santa María de Brión) A fachada do templo está feita en sillería  mentres que o resto de muros están realizados con cachotería e cemento. Presenta unha planta retangular con dos espazos diferenciados, e teitume a dous augas. Na fachada aprécianse os ocos onde se encaixaría as vigas dun pórtico

Como ben é sabido, o santo Christophoros ( en grego ‘portador de Cristo’) vencéllase aos viaxantes e ao transporte; exercendo na actualidade un padroádego no mundo da condución de  vehículos.

Polo tanto, o 10 de xullo, día actual do patrón, concorren a esta capela diferentes profesionais da condución; así como membros da agrupación local de Scouts, grupo responsable da derradeira rehabilitación da capela e da apertura da estrada.  Respecto a esta celebración relixiosa, existen xa referencias a ela nos xornais do século XIX.

El Correo Gallego, 6  de xullo de 1886

 

Se ben, máis aló da romaría, existe tamén unha interesante tradición oral, en forma de lendas, vinculadas á capela. A historiadora Esperanza Piñeiro tenas recollido e referenciado nalgunhas das súa publicacións.

Un dos relatos recollidos por Esperanza Piñeiro relaciona este templo coa hermida da Nosa Señora de Chanteiro, situada na outra banda da ría. Segundo o relato, o santo  nas noites estreladas cruza o mar enriba dunha barca de pedra, coa finalidade de visitar e honrar a virxe no seu templo de Chanteiro, tralo que, antes do amencer, retorna a súa propia capela.

Outros relatos falan da presencia na contorna da capela dunha grande e melenuda serpe, de aspecto terrorífico, pero, se ben, inofensiva. Adoitaba ser vista tomando o sol ao carón do fortín ou mergúllandose no mar. Outras veces permanecía na contorna da capela, coma quen estivese custodiando a imaxe do Santo.

Se por si mesma a rica tradición oral  advirte da antigüidade e o arraigamento do  culto a San Cristovo,  para nós o aspecto e achádego máis interesante xorde no momento en que contrastamos estes relatos coa documentación histórica.

As primeiras mencións a un templo adicado a San Cristovo, aparecen no Cartulario do Mosteiro de Sobrado, cara finais do século XI. Nalgúns casos referénciase como  sancto christoforo de ripa de mare ou  sancti christofori ripa iuuia, pero a denominación máis frecuente é o de  heremita sancti christofori de serpentibus ou  sancto christoforo de serpentibus. O cal podería traducirse por San Cristovo sobre as serpes.

Ante isto, semella clara existencia dunha relación entre as lendas da serpe e a denominación de ‘San Cristovo sobre as serpes’.

O historiador Andrés Pena Granha asocia a serpe e a San Cristovo mediante a función  do transporte das ánimas cara o alén. Por tanto, para Pena Granha, o culto a San Cristovo tería unha orixe precristiá, onde o culto ás divindades viarias quedaron solapadas.  Á súa vez, Esperanza Piñeiro ten destacado a relación da ubicación do templo, na entrada da Ría de Ferrol, có trasego de embarcacións e rutas marítimas dende a Idade Media, tendo, polo tanto, a finalidade de propiciar unha boa travesía aos navegantes.

Máis aló das posibles hipóteses sobre as orixes deste culto, consideramos que a documentación traballada manifesta claramente a antigüidade desta tradición oral e o seu artellamento coa advocación de San Cristovo sobre as serpes.

En base ao exposto xulguen vostedes mesmos.

 

 

 

Fontes:
AHN, CODICES, L.976 (imaxes 274 -275 et 287-288 en PARES)
Hemeroteca Galiciana.
Fernando Dopico
Bibliografía:
PENA GRANA, A. «San Andrés de Teixido. El camino mágico de los celtas” Equona, 2006
PIÑEIRO de SAN MIGUEL, E. e GOMEZ BLANCO,  A. «De lenda en lenda. Camiños máxicos polo noroeste de Galicia» Aktual, 1999

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.