Privatizacións do saneamento

Tal e como comentaba o alcalde de Ferrol, preocupado por defender os intereses dos ferroláns e as ferrolás, esta semana Augas de Galicia anunciaba que se encargaría do saneamento en Ferrol. Sen embargo, este organismo como tal non ten competencias directas para operar con depuradoras. Isto implicaría que o proxecto é moi probable que quede fora de mans locais e ademais acabe sendo levado a cabo por unha empresa privada. Como consecuencia e na miña opinión: maiores custes para os ferroláns.

Tendo en Ferrol unha sociedade mixta —aínda que é maioritariamente pública, xa que máis do 50 % pertence a administración local—, como é EMAFESA, a mellor opción sería que o proxecto seguise en mans locais e públicas.

Os servizos como o suministro de auga, a recollida de lixo, o mantemento de xardíns, e neste caso a depuración da auga, deben ser levados a cabo por competencias locais. Este tipo de servizos deben ser levados a cabo polos concellos, pois son os que mellor coñecen as necesidades dos veciños e as veciñas e os que mellor poden adaptar os prezos ás circunstancias locais. Neste senso, é moi clarificador o caso de Ferrol durante etapa da COVID na que se adoptaron medidas sociais no cobro de taxas, aplicando prezos mínimos tanto por saneamento como por recollida de lixo.

Por outra banda, centrándonos agora na posibilidade de que este servizo acabe en mans privadas, o principio económico máximo dunha empresa privada é a maximización do beneficio. Isto implicaría con total probabilidade que o prezo non sería un prezo público, posto que a posible concesionaria non traballaría, ou neste caso non realizaría o servizo cubrindo tan só custos.

En definitiva a Xunta debe reflexionar á hora de tomar esta decisión e ter en conta as posibles consecuencias que isto tería para a cidadanía da nosa comarca.

Salir de la versión móvil