Hai cousas que só poden pasar en Galicia, onde a historia máis sorprendente desta semana chegou dende un lugar inesperado: a sección de esquelas de La Voz de Galicia. O recordatorio, publicado o mércores, converteuse nun fenómeno viral nas redes sociais grazas a un detalle do máis orixinal: a aparición dun “bisneto-gato” chamado Bitelchús.
A imaxe era dunha esquela aparentemente normal: María Teresa Castañeda Gil, 93 anos, familia, misa, cremación… Todo esperable ata que, entre netos e bisnetos, apareceu o nome que cambiou o ton: Bitelchús, o «bisneto-gato».
Si dices el nombre del gato tres veces, se aparece.
— Xosé Castro🏳️🌈🏳️⚧️ (@XoseCastro) October 23, 2025
Galicia no te la acabas pic.twitter.com/M4U6KMOuv2
O tradutor e divulgador Xosé Castro compartiu a imaxe da páxina do xornal na rede social X (antigo Twitter) cun comentario cheo de retranca: “Se dis o nome do gato tres veces, aparece. Galicia non te a acabas”. En poucas horas a publicación superou as 52.000 visualizacións, centos de compartidos e máis dun milleiro de ‘gústame’.
E é que, se un gato forma parte da familia, que menos ca poñelo na lista. Nin solemnidade nin drama: só unha liña que mestura o cariño, a retranca e esa capacidade para atopar un punto de humor en calquera situación.
Os usuarios das redes sociais non tardaron en destacar a simpatía e a humanidade desta esquela. Bitelchús non sabemos se apareceu, pero quedou inmortalizado para sempre.

