A segunda edición da Feira Castrexa celebrarase entre os días 26 e 28 de xuño para achegar á veciñanza ao legado do castro do Sarridal co mercado de artesáns no Paseo da Mariña, a Eira dos Nenxs e o campamento na praza Roxa cunha exposición de ferramentas, vestiario, xogos e obradoiros.

A fin de semana comezará co pregón inaugural da feira o venres ás 18:00h na praza da Marieta. As actividades, que terán lugar tanto pola mañá como pola tarde, estarán acompañadas por pasarrúas con música, espectáculos teatrais ou malabares. Un dos grandes atractivos volverá a ser o mercado de artesanía e gastronomía no Paseo da Mariña, que reunirá decenas de postos nos que se poderán adquirir produtos elaborados de maneira tradicional, así como degustar diferentes especialidades que abrirán de 18:00 a 23:30h o venres e de 11:00 a 15:00h e de 17:00 a 23:30h o sábado e o domingo.
Na Eira dos Nenxs ofrecerase máis de 18 xogos tradicionais de madeira, teatro con materiais castrexos para os máis pequenos e o campamento castrexo, que constará cunha palloza, ferramentas, vestiario e actividades cotiás da época, terá lugar na praza Roxa. As persoas participantes realizarán durante estes días demostracións de diferentes oficios e tarefas cotiás.
