A poucos minutos do centro de Vigo, as praias de Canido con vistas abertas á ría de Vigo e a presenza constante das Illas Cíes, fan desta zona costeira un sitio que se converteu para a actriz Macarena García e o director Javier Ambrossi nun dos lugares máis especiais.

O entorno conserva un marcado carácter residencial. Non abundan os grandes complexos turísticos nin os paseos marítimos masificados e predominan as vivendas unifamiliares, a vexetación atlánctica e os camiños que discorren xunto ao mar. Ademais da propia praia, os visitantes poden acceder facilmente a outros areais da contorna como Samil, O Vao ou Saiáns, e percorrer tramos do litoral vigués a través de paseos con vistas ao Atlántico.

A ligazón de Macarena García e Javier Ambrossi con esta zona non é recente. Ambos conservaron ao longo dos anos a tradición de pasar aquí parte das súas vacacións estivais, unha costume familiar que forma parte dos seus recordos de infancia e que segue plenamente vixente, tal e como sinalaron en reiteradas ocasións publicamente.
