Acordo para corrixir os exames da PAU en Galicia tralos fallos en varias materias

Nos exames de Historia e Debuxo Técnico flexibilizáronse os criterios de corrección para evitar que o alumnado saíra perxudicado
exames

A polémica da PAU en Galicia continúa xerando reaccións tras os erros detectados en varios exames e as sucesivas modificacións nos criterios de corrección anunciadas pola CIUG. O conflito, que comezou polas reclamacións de estudantes e profesores, acabou derivando tamén nun choque institucional entre a Xunta e as universidades galegas.

As incidencias concentráronse especialmente nas probas de Historia de España e Debuxo Técnico, onde alumnado e docentes denunciaron ambigüidades, problemas de formulación e falta de claridade nos criterios de avaliación. Tras varios días de críticas, a CIUG acabou rectificando ambos exames para evitar prexuízos ao alumnado.

Estudantes durante a xornada da PAU en Santiago | @UNIVERSIDADE_USC

Modificacións nas correccións dos exames

No caso de Historia, a comisión aclarou que ningún estudante sería penalizado pola redacción da pregunta máis cuestionada da proba. Ademais, concretouse que os alumnos poderán optar á máxima cualificación aínda que non realizasen expresamente a comparación entre socialismo e anarquismo, sempre que o contido da resposta estivese correctamente desenvolvido.

A biblioteca da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela | @UNIVERSIDADE_USC

Tamén houbo cambios importantes en Debuxo Técnico. No apartado 2.1, a CIUG confirmou que o alumnado poderá conseguir unha parte relevante da puntuación mesmo sen completar correctamente todo o exercicio. No exercicio 3.1, onde a puntuación quedou dividida en tres bloques diferentes tras detectarse problemas no plantexamento inicial. A representación da proxección horizontal — directamente relacionada co erro detectado— pasará a valer 0,50 puntos sobre os 2,25 totais. Pola súa parte, a obtención da intersección entre os triángulos contará 1,25 puntos e a identificación correcta das partes ocultas sumará outros 0,50 puntos.

Xunta e universidades cruzan críticas

A postura das universidades chocou coa da Xunta de Galicia, que elevou o ton contra a organización da PAU e chegou a falar dun “cúmulo de erros” durante o proceso. O Goberno galego pediu explicacións públicas e reclamou unha revisión máis exhaustiva dos exames para evitar situacións semellantes en futuras convocatorias.

Dende as universidades insistiron en que as incidencias detectadas foron puntuais e destacaron que a rápida modificación dos criterios busca precisamente garantir a igualdade entre estudantes e impedir que ningún alumno resulte prexudicado.

As últimas decisións da CIUG tentan agora pechar unha das edicións máis tensas da PAU en Galicia nos últimos anos, marcada polas rectificacións, o malestar do alumnado e o enfrontamento entre administracións educativas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.