Este ano volve o Atardecer no Gaiás, festival que trae cada ano a Santiago de Compostela o mellor da escena galega para desfrutar de máis de doce atarcederes acompañados de boa música ao aire libre nas tardes do xoves ao venres entre o 2 de xullo e o 14 de agosto. Todos os concertos son de acceso gratuíto e comezarán ás 21:00 horas.
O programa no mes de xullo
O festival arrinca o xoves 2 de xullo con Carlangas, que presentará o seu terceiro álbum tras o parón de Novedades Carminha. O venres 3 de xullo estará o artista vigués Marrit, gañador do primeiro premio na categoría de Música de Xuventude Crea 2025, quen chega coa súa mestura de guitarras, teclados e sintetizadores. Esta primeira semana rematará con 9Louro o xoves 9 de xullo, un dos artistas galegos de música urbana do momento, quen estará presentando o seu segundo disco Amorrer.

A segunda semana do mes de xullo chega co grupo Maricarme o xoves 16, que nace da unión de tres figuras do folk galego: Cibrán Seixo, María Jorge e Migui Carballido e quenes chegarán á Cidade da Cultura cun adianto do seu primeiro EP. O venres 17 estará protagonizado polo dúo Unto Vello, formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez, dous rapaces que rinden homenaxe ás cantareiras co seu primeiro disco Inmaterial (2026). Na semana seguinte estará o xoves 23 de xullo a banda Bala, unha das bandas de rock máis relevantes do momento, que despois de recorrer outros escenarios de festivais e salas por toda España, Reino Unido, EE..UU e ata Xapón, chegan coa batería e guitarra para recoller o rock intenso dos 90.

A última semana do mes virá acompañada pola artista Sheila Patricia o xoves 30 de xullo co seu terceiro disco Epifanía (2025) e o venres 31 de xullo polo grupo punk-rock galego Lisdexia, co seu novo EP Escravos do baile, que cunha sátira reivindica que si queda vida e tamén festa.
A programación de agosto
O último mes do verán chega o xoves 6 de agosto co trío compostelá Dogo, que co seu primeiro EPBrutalismo (2025) despois de gañar o concurso Sons Mans Salas para bandas emerxentes, constrúen un son de atmosferas densas e melodías envolventes en galego.Galician Army chega o mércores 12 de agosto para acompañar o atardecer máis especial: o eclipse total de sol. OAtardecer Fest do xoves 13 de agosto xuntará na Plaza central da Cidade da Culturatres voces destacadas do rap actual que se anunciarán próximamente. A última noite do Atardecer no Gaiás pechará o día venres 14 de agosto co grupo Turista Sueca formado por Lander, de País Vasco: José, de Cádiz e Anna, de Galicia, que presentarán o seu esperado primeiro disco Síndrome de Estocolmo.
