Costa da Morte Runner: un videoxogo que converte o territorio nunha aventura

Os usuarios percorren diferentes localidades da Costa da Morte mentres superan retos con referencias a espazos emblemáticos e tradicións populares
O xogo da Costa da Morte Runner | COSTA DA MORTE RUNNER
O xogo da Costa da Morte Runner | COSTA DA MORTE RUNNER

A Costa da Morte suma unha nova ferramenta de promoción turística e cultural coa chegada de Costa da Morte Runner, un videoxogo gratuíto que propón descubrir a comarca a través dunha experiencia interactiva inspirada nos clásicos arcade e no pixel art. A iniciativa foi impulsada pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) e desenvolvida polo informático vimiancés Martín Caamaño.

A presentación do xogo o 30 de xuño no Fórum de Carballo | COSTA DA MORTE TURISMO

A presentación oficial do xogo celebrouse no Fórum de Carballo coa participación de representantes institucionais, membros do APTCM e responsables do desenvolvemento do proxecto. O proxecto busca achegar o patrimonio e as lendas da cultura da zona a un público de todas as idades mediante unha fórmula diferente á promoción turística tradicional.

As características do xogo

No xogo, os usuarios percorren diferentes localidades da Costa da Morte mentres superan retos. O protagonista é Eustaquio, unha personaxe que emprende unha viaxe chea de obstáculos e desafíos. Ao longo da aventura aparecen referencias a espazos emblemáticos, tradicións populares, acontecementos históricos e lendas moi coñecidas da comarca.

A personaxe oficial do xogo que ten o nome de Eustaquio | COSTA DA MORTE RUNNER

Os escenarios están inspirados en lugares reais, o xogo incorpora referencias a figuras de lendarias, naufraxios históricos, elementos da cultura mariñeira e costumes populares. Tamén introduce mensaxes relacionadas coa conservación do medio ambiente, invitando aos xogadores a participar en accións simbólicas de coidado da contorna durante a partida.

Ocio dixital para descubrir a Costa da Morte

O videoxogo funciona directamente dende o navegador, sen necesidade de instalación, e está adaptado para móbiles, tabletas e ordenadores. Desta forma, calquera persoa pode acceder á experiencia de maneira sinxela e gratuíta dende a web oficial do proxecto.

Os pobos que podes visitar no xogo | COSTA DA MORTE RUNNER

Costa da Morte dá un paso máis na exploración de novas fórmulas de divulgación turística, demostrando que a tecnoloxía, o entretemento e a cultura poden unirse para contar a historia dun territorio dunha maneira atractiva e moderna.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.