Este pasado 6 de xullo, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación confirmou a aparición de diferentes focos da lingua azul en Galicia, concretamente no concello de Brión, Baña e Narón, sendo os primeiros casos de 2026 tanto en Galicia coma en España tras a finalización en abril do período invernal de circulación do vector transmisor.
A infección foi detectada en tres explotacións da provincia da Coruña, onde foron confirmados o serotipo 3, en Baña e Brión, e o serotipo 8 nunha granxa en Narón grazas ao análisis do Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, en Madrid. Ao tratarse dos primeiros casos da provincia, a Xunta só está obligada a notificar oficialmente dous dos focos.
A lingua azul volvera a comunidade galega en febreiro de 2023, tras 14 anos nos que non se detectara ningún foco. Nese ano, foron detectados catro focos do serotipo 4 en explotacións bovinas en Pontevedra e Ourense. No 2025, atopáronse os serotipos 3 e 8 afectando a todas as provincias galegas.
Tal e como destaca a Xunta de Galicia, dende 2025 non existe en España un programa de erradicación con vacinación obligatoria fronte a lingua azul. De feito, coa adaptación da normativa, Canarias queda como zona libre, Baleares como zona sometida a un programa de control e erradicación fronte aos serotipos 3 e 8, e o resto da península como zona sin estatus.
Vacinación recomendable
Aínda que non é obligatoria, a Xunta de Galicia recomenda a vacinación voluntaria de bovinos e ovinos como medida de protección. As vacinas poden atoparse nas canles comerciais habituais de suministro de medicamentos veterinarios coa súa prescripción correspondente. Ademais, a Consellería do Media Rural está a distribuir dosis vacinais fronte ao serotipo 4 para o ganado bovino e ovino, e dosis fronte aos serotipos 3 e 8 para o ganado ovino. Doutra banda, é recomendable a desinsectación periódica das instalacións e dos animais para evitar a cría dos insectos vectores.
Con todo isto, a lingua azul non afecta a persoas, soamente aos animais rumiantes, que ademais non se contaxian entre eles, só a través da picadura do insecto vector transmisor. E, todos os productos que procedan de animais afectados, tampouco están en risco.

