Este luns, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, comunicou o calendario laboral para 2027, con festivos novidosos para a comunidade.
Como todos os anos, a normativa central fixa 14 festas anuais para todo o país. Destas, dúas son elixidas polos concellos e outras dúas polas comunidades. Nove de estes festivos son obrigatorios —a non ser que coincidan en domingo— e non poden ser substituidos: o 1 de xaneiro, o Venres Santo, o 1 de maio, o 15 de agosto, o 12 de outubro, o 1 de novembro; e os días 6, 8 e 25 de decembro.

O 25 de xullo, Día de Galicia, coincide este ano en domingo, motivo polo que o 2027 será Ano Santo. Ante isto, a Xunta de Galicia optou polo venres 19 de marzo (San Xosé) como substituto para un dos seus festivos autonómicos. Así, o outro será o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Dentro dos festivos de carácter nacional que poden modificar as comunidades, o mércores 6 de xaneiro xunto co Xoves Santo continúan este ano como festivos na comunidade galega. Así, agora está na man de cada un dos concellos fixar os outros dous festivos que faltan para pechar o calendario laboral do ano 2027.
