Galicia faise con 17 novos soletes de verán da Guía Repsol: estas son as recomendacións dos famosos

Máis de 60 celebridades poñen en valor a gastronomía galega coas súas recomendacións, o que destina 17 soletes para a nosa comunidade
Imagen promocional de la Guía Repsol | Repsol
Imagen promocional de la Guía Repsol | Repsol

A gastronomía galega volve a situarse no mapa culinario español grazas á Guía Repsol. A publicación máis desexada entre os chefs e locais culinarios vén de publicar os novos soletes de verán, nesta edición apodados como os soletes dos famosos, ao ser elixidos por máis de 60 celebridades da cultura española. Neste 2026, podemos dicir que Galicia celebra -nada máis e nada menos- ca 17 soletes de verán entre os máis de 250 recoñecementos novos da Guía.

As celebrities téñeno claro: Galicia é a mellor opción

Os famosos -e non só da nosa terra- recomendan Galicia para comer, tomar algo e desfrutar das paisaxes e da xente da comunidade. Tres factores nos que a maioría coinciden e que definen a guía no relativo á nosa comunidade.

O percorrido comeza co actor Javier Gutiérrez, quen pon en valor a súa cidade natal recomendando tres coñecidos locais para os veciños ferrolanos: Alfonso, Café Avenida – aberto dende 1951 e coñecido polos seus míticos churros con chocolate – e O Galo.

Se continuamos cara o centro da provincia, Tamar Novas tamén tira pola súa cidade e, en Santiago de Compostela destaca cinco recomendacións: dende lugares de tapa a casas de comida ou cafeterías como La Flor, O Dezaseis, a Pulpería A D’María, o Pub Atlántico ou a Terraza Xardín Costa Vella.

Doutra banda, o actor sinala tamén Casa Brandariz (Arzúa), a Casa da Crega (Carnota) e a cocina asiática de Kohlanta (A Coruña)

O músico Xoel López e o cociñeiro Pepe Solla / XOEL LÓPEZ

O galego Xoel López non ía ser menos e tamén quixo participar nas recomendacións da Guía Repsol destacando La Taberna de Pepe Solla, segundo local en Galicia do chef estrela Michelin, Pepe Solla. Pratos de primeiro nivel aosque está máis que acostumado pola amizade que os une.

Mais, non só os galegos recomendan Galicia. Neste caso, a artista malagueña Anni B Sweet destaca a súa experiencia no Grove con Senlleiro e a mítica Taberna da Crus, onde podes degustar de catro pratos – tortilla, calamares, pementos de padrón e pulpo ou navallas – e dunhas incríbles vistas ao mar. O grupo extremeño, Sanguijuelas del Guadiana, destaca O Chiringo na praia da Magdalena (Cedeira); a abulense Sara Escudero tamén elixe Arzúa, neste caso coa Fonte do Picho; e o grupo madrileño Sexy Zebras non quixo perder El Churrasco de Oro (A Gudiña) na súa viaxe a Galicia.

Coa suma desta nova listaxe, o territorio xa conta con máis de 5.500 Soletes, demostrando unha vez máis que Galicia, no bo comer, non ten rival.

Os Soletes, máis ca un distintivo da Guía Repsol

A Guía Repsol conta con diferentes distintivos onde califican a comida de restaurantes e locais segundo o nivel que se lles atribúe. Mentres que os coñecidos ‘Soles Repsol’ están dedicados a restaurantes de alta cociña, os soletes buscan premiar aqueles sitios que poden chegar a pasar desapercibidos pero que, de portas para adentro, sorprenden a todo aquel que proba o seu produto, servizo e descobre -en consecuencia- a súa personalidade.

Para a súa entrega, a guía turística dividiunos en seis categorías que engloban aos locales que poden optar a un solete: cafeterías e pastelerías; bares tascas e barras; terrazas e chiringuitos; heladerías; vinateras, bodegas e sidrerías; fast good e restaurantes e menú do día.

Segundo a Guía Repsol, cos Soletes buscan poñer no mapa os locales auténticos, os sitios cun «non sei que», os lugares desenfadados e sinxelos que recomendarías a túa familia ou amigos… En definitiva, os lugares que merecen ser coñecidos. Nesta ocasión, a Guía Repsol contou coa opinión de 60 celebridades da cultura española para saber onde comen e desfrutan os nosos artistas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.