Jesús Calleja desembarca na Romaría Vikinga de Catoira esta fin de semana

O popular presentador rodará este sábado o seu programa 'Volando voy': haberá unha pequena recreación da Romaría Vikinga na que animan a participar a toda a veciñanza
Jesús Calleja Romaría Vikinga Catoira (2)

O coñecido presentador e aventureiro Jesús Calleja achegarase esta fin de semana ao municipio pontevedrés de Catoira para participar nunha iniciativa audiovisual que converterá a tradicional Romaría Vikinga nun escenario de rodaxe do programa televisivo Volando Voy.

O Concello de Catoira fai un chamamento á veciñanza para sumarse á gravación, que recreará a histórica festa vikinga que se celebra cada ano o primeiro domingo de agosto. A actividade desenvolverase nas emblemáticas Torres do Oeste este sábado pola mañá, nunha xornada que combinará espectáculo, participación veciñal e divulgación cultural.

A gravación suporá unha recreación da coñecida Romaría Vikinga de Catoira, que se converterá, segundo o Goberno local, nunha “promoción sen precedentes para a festa do municipio”, ao ser difundida nas semanas previas á súa celebración oficial.

O alcalde, Xoán Castaño, e o concelleiro de Cultura, Raúl Gómez, animan á cidadanía a participar activamente na rodaxe, recomendando acudir con vestimenta da época para reforzar a ambientación e a fidelidade histórica da recreación.

Durante toda a xornada haberá música, almorzo e comida para as persoas participantes, ademais de que o Concello porá á disposición da produtora medios materiais, persoal, embarcacións e outros recursos municipais necesarios para o desenvolvemento da gravación.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.