O auxe da venda de pazos en Galicia: negocio inmobiliario ou perda de patrimonio?

Nos últimos anos, este tipo de propiedades son cada vez máis un atractivo no mercado inmobiliario galego
pazo dos azpilicueta

Galicia está a experimentar un notable auxe na venda de pazos e casas señoriais, un tipo de inmoble historicamente ligado á nobreza galega e ao patrimonio cultural do territorio. Estas propiedades, moitas delas en situación de abandono ou con escaso uso, están a espertar o interese de investidores e particulares que ven nelas unha oportunidade única para desenvolver proxectos turísticos, hoteis boutique ou residencias de alto nivel.

Oferta actual dos pazos en Galicia

O crecemento do turismo rural e do Camiño de Santiago está a impulsar esta tendencia, facendo dos pazos un ben cada vez máis un atractivo no mercado inmobiliario galego. Entre eles destaca o Pazo dos Azpilicueta situado en Pontedeume (A Coruña), cun proxecto aprobado para o hotel boutique cun prezo de 265.000euros; o Pazo dos Correa en Tomiño (Pontevedra), unha propiedade do século XVII con instalacións como capela, piscina e apartamentos por 1,5 millóns de euros; o Pazo de San Isidro, situado en Mondoñedo, por uns 800.000 euros que destaca polos seus grandes salóns e, en Ourense, o Pazo de Riobó (Casa Grande de Riobó), localizado en Cenlle, ofrecendo unha ampla extensión de terreo con viñedo e arquitectura histórica por arredor de 940.000 euros.

O Pazo de San Isidro en Mondoñedo (Ourense) | IDEALISTA

Debate nas redes sociais

Este fenómeno xerou unha preocupación social. Moitos alertan de que a venda de pazos pode supoñer unha perda de identidade cultural e patrimonial, especialmente cando estas construcións pasan a mans privadas sen garantías suficientes de conservación ou son transformadas en negocios que alteran a súa esencia histórica. Aínda que a rehabilitación permite darlles unha nova vida e evitar o seu deterioro, tamén abre un dilema entre a explotación económica e a preservación da memoria colectiva.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.