O galego Oliver Laxe, convidado á Academia de Hollywood e a votar nos Oscar

A Academia de Hollywood pensa no director de Sirât, Oliver Laxe, para participar na institución
Oliver Laxe Premios del Cine Europeo Sirât European Film Academy

O director galego, tras pasar o pasado ano pola alfombra vermella dos Oscar pola súa película Sirât, foi convidado pola Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas a participar nela entre outros 529 nomes.

De novo nos Oscar

Na 98º edición dos Oscar, o galego nado en París foi nominado pola súa película Sirât en dúas categorías: Mellor Película Internacional e Mellor Son. Aínda que non conseguiu levarse ninguna estatuilla, este pasado mércores o director conseguiu facerse cun posto dentro da elite do cine estadounidense. Así o anunciaron o director executivo da Academia, Bill Kramer, e a súa presidenta, Lynette Howell Taylor, convidando a 529 nomes a participar na institución, entre eles o director de «O que arde».

Ademais, entre os seleccionados podemos atopar figuras do cine como Jenna Ortega, Teyana Taylor ou Jacob Elordi. Así mesmo, directores como Benny Safdie, o novo responsable de Disney, Josh D’Amaro; ou EJAE e Mark Sonnenblick, gañadores do premio a mellor canción por «Golden» da película «K-Pop: Demon Hunters» na pasada edición.

Cabe destacar que outros membros do equipo de Sirât foron tamén convidados, como Nadia Acimi (deseñadora de vestiario), Cristóbal Fernández (montaxe), Amanda Villavieja, Yasmina Praderas e Laia Casanovas (son) e Santiago Fillol (guionista).

Oliver Laxe xunto a Laia Casanovas e Amaia Villavieja / GOYA 2026

E como quedaría a Academia?

Nesta invitación figuran 95 persoas gañadoras dun Oscar e 21 que foron nominadas. De todas elas, o 53% son internacionais e o 42% mulleres. Se todos os convidados aceptan, os membros con dereito a voto pasarían a ser 10.338 e polo tanto a academia estaría formada por un 22% de membros internacionais, entre eles Oliver Laxe, e por un 36% de mulleres.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.