O mandil: un símbolo da muller traballadora e a Galicia rural que dá a volta ó mundo e chega ás pasarelas

O mandil ou delantal tan tradicional en Galicia acaba de dar o salto á fama mundial na Semana da Moda de París, pero non é a primeira vez que vemos este símbolo tan vinculado ás avoas galegas e ó rural saír fóra do seu contexto cotián
Mandil Galicia

O mandil ou delantal tan tradicional en Galicia acaba de dar o salto á fama mundial grazas á presentación na Semana da Moda de París da colección primavera/verán 2026 de Miu Miu, de Miuccia Prada. Porén, non é a primeira vez que vemos este símbolo tan vinculado ás avoas galegas e ó rural saír fóra do seu contexto cotián.

Na arte urbana

O mandil non podía falar nos murais das “superavoas” do artista Yoseba Muruzábal (Yoseba MP): podémolo ver na avoa voadora na Avenida de Romero Donallo, en Santiago de Compostela, ou en Ordes, onde creou o primeiro mural desta serie “A greleira de 50 pés”.

Na gastronomía

O mandil sempre estivo presente nas cociñas galegas, pero tamén deu ó salto á hostalaría: a bocatería especializada en chicharróns Chichalovers, en Santiago, converteuno nunha representación dos seus valores, con produto de proximidade e amor polo rural. Non lles foi nada mal: no seu primeiro ano xa conseguiron un Solete Repsol.

Nas redes sociais

O mandil tamén está presente na comunicación en redes sociais de espazos culturais como A Tobeira de Oza, que esta mesma semana celebraba a chegada desta prenda ás pasarelas

Na publicidade

Gadis, que na súa serie de anuncios ‘Vivamos como galegos’ empregou símbolos de Galicia como o can de palleiro, non podía deixar atrás ó mandil: estivo moi presente no seu spot de 2023 ‘Galicia salvará ó mundo”, rodado na súa gran maioría en Redes, en Ares.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.