O mosquito tigre chega ao norte de Galicia

O avance desta especie está favorecido pola súa gran capacidade de adaptación aos espazos urbanos
O mosquito tigre| PIXABAY
O mosquito tigre| PIXABAY

A presenza do mosquito tigre (Aedes albopictus) foi confirmada no concello da Coruña, converténdose no primeiro municipio do norte de Galicia onde se detecta esta especie invasora. O achado evidencia a progresiva expansión dun insecto que nos últimos anos xa fora localizado en distintos municipios da provincia de Pontevedra.

Ata o momento, a súa presenza estaba constatada en localidades como Vigo, Moaña, Cangas, Redondela, Vilaboa, O Porriño, Tui, Mos, Bueu, Ponteareas, Poio e Salvaterra de Miño. A Xunta continúa reforzando a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), un programa que reúne xa a máis de trinta concellos co obxectivo de monitorizar a presenza de especias capaces de transmitir enfermidades.

Imaxe do mosquito tigre máis detallada | PIXABAY

As autoridades sanitarias lembran que o mosquito tigre pode actuar como transmisor de enfermidades como o dengue, o chikungunya ou o zika pero subliñan que actualmente non existe a trasmisión destes virus en Galicia, xa que os exemplares detectados non están infectados. A pesar diso, considérase fundamental manter unha vixilancia constante para poder reaccionar con rapidez ante calquera cambio.

O avance desta especie está favorecido pola súa gran capacidade de adaptación aos espazos urbanos. Os seus ovos adoitan desenvolverse en pequenas acumulacións de auga estancada presentes en macetas, recipientes, canalóns ou bebedoiros, polo que a colaboración cidadá resulta clave para limitar a súa proliferación.

Co fin de analizar a evolución da especie e coordinar as medidas de seguimento, o Comité Interdepartamental do Mosquito Tigre reunirase o vindeiro 9 de xullo coa participación de responsables sanitarios, concellos afectados e entidades colaboradoras.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.