Un pai, condenado por agarrar do pescozo e tirar ao chan a un neno de dez anos que xogaba co seu fillo en Portonovo

Os nenos estaban xogando ao balón cando o pai dun deles insultou ao outro neno e tirouno ao chan, deixándolle lesións no pescozo
BeFunky-collage-4

O Tribunal de Instancia de Cambados impuxo unha multa de 900 euros ademais dunha indemnización e pago dos gastos sanitarios a un home de 33 anos que agarrou do pescozo e tirou ao chan a un neno de dez anos que estaba a xogar co seu fillo nun parque de Portonovo.

Segundo recolle a sentencia, os rapaces estaban xogando co balón no parque cando, tras un roce entre os nenos, o pai dun deles insultou ao outro rapaz e tirouno ao chan collendóo do pescozo. A xuíza apreciou un claro abuso de superioridade pola diferencia de idade e destacou o temor da víctima que estivo unha semana sen volver ao parque tras o acontecido.

Xunto aos 900 euros de multa, o condenado deberá abonar 140 euros polo perxuicio persoal básico, 60 euros polo daño moral e 256, 87 euros ao Servizo Galego de Saúde pola atención médica prestada ao menor, quen sufriu lesións físicas no pescozo.

A resolución tamén destacou a reacción dos menores que estaban no parque, que ao ver a situación, correron en busca das súas nais para avisar do que estaba a pasar. A sentencia non é firme e pode ser recurrida ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.