‘SEAFOODTURE’ é o proxecto internacional co-liderado polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e o Instituto de Investigación en Ciencias da Alimentación e Madrid, que pon o foco nas algas mariñas.
Os obxectivos da investigación pasan por valorizar as algas como fontes alternativas de proteínas; estudar a súa funcionalidade no desenvolvemento de envases bio-basados e estudar as estratexias para mellorar as propiedades nutricionais e a aceptación por parte de los consumidores.
O proxecto, que se iniciaba en 2024 e xa leva un percorrido de tres anos, conta coa colaboración e financiación de diferentes entidades internacionais.
Ata o momento, “acadáronse grandes avances no desenvolvemento e carecterización de ingredentes e produtos alimentarios a base de algas”, grazas á selección, clasificación e estudo minucioso das algas seleccionadas. O criterio de escolla foi o seu pontencial proteico e a pertenza a unha das tres categorías de algas: pardas, vermellas e verdes.