Un rap en galego, protagonista do Spotify Wrapped de James Rhodes

Que o pianista británico está namorado de Galicia non é ningunha novidade, pero este ano deixa claro que non está só no seu corazón: tamén está na súa playlist
James Rhodes presumindo do seu amor por Galicia
James Rhodes presumindo do seu amor por Galicia.

Que James Rhodes é un «enamorado total» de Galicia non é ningunha novidade. Pero este ano o seu Spotify Wrapped veu cunha nova declaración de amor á comunidade: no seu top de cancións máis escoitadas aparece ‘OG‘, a colaboración entre Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova que o confirma como un “Orixinal Galego”.

Rhodes, que leva anos dicindo que quere atopar unha casa en Galicia, tivo que quedar atrapado coa declaración de galeguidade extrema que é a letra do tema, que lle dá unha volta ó concepto de ‘Original Gangsta’ de Ice-T: a canción proclama “son máis galego que o feísmo”, “que un cego de licor café”, “que o fondo azul cas gaivotas do PP” e mesmo “que unha bañeira nunha leira de bebedoiro”.

Así, esta canción de 2022 xa convertida en todo un clásico do rap en galego comparte espazo no Wrapped de James Rhodes con ‘Mariposa Tecnicolor’, de Fito Páez, e con varias cancións de ‘Sleep’, o traballo publicado en 2015 polo compositor británico de música contemporánea Max Richter.

O pianista deixa claro que Galicia non está só nos seus plans de futuro e no seu corazón: tamén está na súa playlist.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.