Wizz Air estreará tres rutas nacionais dende Santiago este novembro

A incorporación de Wizz Air con voos a Madrid, Valencia e Bilbao contribuirá a incrementar a conectividade de Santiago e os fluxos de viaxeiros
Un avión da compañía de Wizz Air despegando | PIXABAY
Un avión da compañía de Wizz Air despegando | PIXABAY

A compañía aérea húngara Wizz Air incorporará ao aeroporto de Santiago de Compostela á súa rede en España coa apertura de tres conexións directas con Madrid, Valencia e Bilbao a partir do próximo mes de novembro. A venda de billetes xa está dispoñible e a aeroliña ofrecerá varias frecuencias semanais en cada unha das rutas.

Segundo a programación publicada pola aeroliña, a ruta entre Santiago e Bilbao contará con catro frecuencias semanais a partir dos 19,99 euros, mentres que a conexión con Madrid operará tres días á semana a partir de 14,99 euros. Por outro lado, a partir de 29,99 euros, Valencia tamén disporá con catro frecuencias semanais. As conexións que terá Santiago con Valencia e Bilbao comezarán o 2 de novembro e Santiago – Madrid o 3 de novembro.

El Aeropuerto de Santiago-Rosalía de Castro | CONCELLO DE SANTIAGO
El Aeropuerto de Santiago-Rosalía de Castro | CONCELLO DE SANTIAGO

O anuncio forma parte da estratexia de crecemento de Wizz Air no mercado español, onde a compañía busca ampliar a súa presenza con novas rutas e aeroportos. A incorporación de Santiago ao seu mapa de operacións consolida o peso crecente do aeroporto de Lavacolla, que nos últimos anos experimentou unha notable expansión da súa oferta de destinos nacionais e internacionais.

Estas novas rutas sumaranse á oferta dun aeroporto que vén de completar recentemente importantes actuacións de mellora nas súas infraestruturas e que afronta a tempada alta cunha programación reforzada. A incorporación de Wizz Air contribuirá a incrementar a conectividade de Santiago e a súa capacidade de atraer novos fluxos de viaxeiros

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.