A Deputación de Lugo conta xa con nove centros públicos de atención a maiores na provincia

A institución abriu dende o ano 2019 con José Tomé Roca como presidente seis residencias –na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil-, que se suman ás tres que estaban en funcionamento –en Trabada, Ribadeo e Pol-
José Tomé durante unha das visitas aos centros de maiores
José Tomé durante unha das visitas aos centros de maiores
CONTENIDO PATROCINADO

A Deputación de Lugo dedica un terzo do total do seu presuposto anual a políticas sociais, máis de 34 millones de euros o que converte nunha das poucas institucións provinciais de España cunha rede de protección social tan ampla e eficaz, que xa é unha sinal de identidade da propia entidade e un referente en España e en Europa polo modelo público de asistencia ás persoas maiores que ten implantado en colaboración cos concellos.

A institución abriu dende o ano 2019 con José Tomé Roca como presidente seis residencias —na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil—, que se suman ás tres que estaban en funcionamento —en Trabada, Ribadeo e Pol—. Polo tanto, conta xa con 9 centros de atención a maiores, que ofrecen en total máis de 300 prazas asistenciais e manteñen uns 230 postos de traballo directos, o 95% deles ocupados por mulleres.

Ademais, a Deputación segue traballando para sacar adiante proxectos noutros nove concellos: A Pontenova (que xa está en obras); Guitiriz (adxudicada); Portomarín (asinado un novo convenio de colaboración para a construción); A Pobra do Brollón (en fase de licitación); Becerreá (en proceso de instalación dun centro de transformación eléctrica e do equipamento); Pantón (redactado o proxecto e asinado o convenio); Ourol; Folgoso do Courel; e Cervantes.

 Un modelo de referencia

A institución provincial ten implantado en colaboración cos concellos un modelo asistencial 100% público de pequenas residencias situadas no rural, cunha media de 30 usuarios e usuarias e 25 traballadores, practicamente un coidador por residente, o que garante unha asistencia de calidade e condicións laborais dignas. Favorece ademais o arraigo porque os veciños do concello e da comarca na que se localizan os centros teñen prioridade de acceso ás prazas, polas que os usuarios pagan segundo a súa capacidade económica. Polo tanto, a institución facilita que cada persoa poida permanecer no lugar no que fixo a súa vida, convivindo cos seus veciños e veciñas e atendidos por persoal que na súa maioría é da súa zona e mesmo coñecen.

Os centros de maiores da Deputación de Lugo teñen unhas infraestruturas modernas e adaptadas ás necesidades dos maiores e ao seu grao de dependencia. A maiores dos servizos esenciais ofrecen actividades destinadas ao entretemento e a fomentar unha vida activa. As residencias contan tamén cun servizo de limpeza continua, lavandaría e xastrería. O persoal dedica unha atención especializada en áreas fundamentais, como a hixiene persoal ou a mobilidade. Ademais, ofrécense menús adaptados elaborados por expertos en nutrición, cociñados con produtos de temporada e de proximidade, pensando sempre en coidar a saúde dos maiores. É habitual que as direccións dos centros organicen menús especiais cadrando con aniversarios ou celebracións arraigadas na provincia, como é o San Xoán, o Entroido, o magosto, ou o Nadal, co obxectivo de que a súa vida no centro se asemelle ao máximo posible á que levaron sempre.

O modelo da Deputación favorece o benestar, a calidade de vida e a tranquilidade dos maiores e das súas familias, e, ao mesmo tempo, ten un retorno económico importante para a zona na que están instalados os centros, pois crean emprego, sobre todo feminino, –unha media de 25 postos de traballos directos máis os empregos indirectos- e dinamizan a economía das zonas nas están instalados porque se abastecen de servizos e de produtos de proximidade.

Acción eficaz de apoio ó rural

Trátase, en definitiva, de converter un factor como o envellecemento nun elemento de dinamización socioeconómica a través dun claro exemplo da economía circular. Así, o modelo constitúe unha acción eficaz para afrontar o reto demográfico e para fixar poboación no territorio, como así o valorou o Goberno do Estado a través da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico. De feito, a economía dos coidados que aplica a Deputación vai na liña marcada polo Goberno do Estado para o novo modelo de residencias e ten boa acollida en Europa, tal e como quedou constatado durante a participación da institución, xa por tres ocasións, na Semana Europea das Rexións e Cidades, o maior evento anual que se celebra en Bruxelas dedicado á política rexional.

 

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.