Aos seus 18 anos, Álvaro Pin Campo logrou establecer unha conexión única cunha das tradicións artesás máis arraigadas en Galicia: a fabricación de zocas. Con 4 anos de experiencia, combina a súa paixón por este oficio cos seus estudos de bacharelato en Lugo, pero en canto pode, escapa aos pobos dos seus avós, Castro de Rei e San Cosme de Barreiros, para continuar co seu traballo.
Desde pequeno, sempre estivo rodeado de ferramentas de madeira na súa casa, influenciado pola tradición familiar, aínda que non da mesma rama do oficio. “Empecei aos 14 anos, un pouco por casualidade, porque sempre vin á miña familia traballar con madeira, aínda que non fosen zoqueiros”, comenta mentres recorda aqueles primeiros intentos de crear as súas propias zocas.
“Xa levaba as miñas primeiras zocas postas»
Ao longo dos anos, foi perfeccionando a súa técnica, moito de forma autodidacta. Mais, un dos momentos chave do seu aprendizaxe foi cando, aos 16 anos, se achegou a un veterano zoqueiro, Paco Morán, que lle ensinou as antigas técnicas de traballo. “Cando fun á súa casa, xa levaba as miñas primeiras zocas postas. Aínda así, serviume moito porque vin a forma de traballar que el usaba, que era completamente diferente á miña», sinala Álvaro. A partir de aí, comezou a adoptar algúns dos métodos tradicionais dos zoqueiros, sen perder o seu toque persoal.
Falando do seu proceso de creación, Álvaro resalta a importancia de elixir a madeira adecuada. “Traballo principalmente con abedul, aínda que tamén probéi con outras madeiras como o ameneiro ou a nogueira. Pero a abedul é a mellor”, explica. A selección da madeira non é tarefa sinxela. «A madeira de abedul que se usa para as zocas ten que vir dun monte sombrío, o que chamamos ‘monte avisedo’, para que non sexa nin demasiado dura nin demasiado branda.»

Unha vez cortado o árbore, o tronco déixase reposar durante 15 días para que libere a saba antes de ser traballado. Este proceso é vital para evitar que a madeira se agriete ou se pudra co tempo. «A madeira debe estar perfecta, sen fisuras. Noutros traballos de carpintería non pasa nada se un trozo se rompe, pero nas zocas, se non está ben, xa non serve», asegura Álvaro.
A diferenza entre zocos e zocas
Álvaro, quien se llama ‘O Florencio de Barreiros’ en Instagram en honor ó seus tataravó, tamén explicou algo que moita xente descoñece: “O zoco é basicamente unha bota de coiro e casuela de madeira. Son como as que usaban os mariñeiros ou para andar no barco, por iso son máis comúns nas provincias da Coruña e Pontevedra. As zocas, en cambio, son totalmente de madeira e é o que eu fago”, aclara, deixando clara a distinción entre os dous tipos de calzado.
Tamén, marca a diferenza entre as zocas de home e as de muller. “As de home son máis grandes e pesadas, porque antigamente críase que os homes traballaban máis no campo, mentres que as mulleres estaban máis na casa. As zocas de muller, polo tanto, son máis lixeiras e teñen un deseño máis elegante”, explica Álvaro.
Sobre a vantaxes deste calzado, explica que «muita xente cre que son incómodas, pero ao contrario, se están ben feitas, as zocas son máis cómodas que calquera zapato». A clave está no axuste: «Non é o mesmo que un zapato, porque o zapato adáptase ao pé. A zoca, polo contrario, debe ser adaptada á forma do pé, por iso o traballo dun bo zoqueiro é fundamental». Además, son ttan resistentes que se che cae unha pedra ou algo pesado no pé, «non vas dar conta”
A pesar da súa curta idade, o artesán é un firme defensor da conservación deste oficio tradicional que, aínda que segue presente en Galicia, foi perdendo terreo fronte a outros tipos de calzado máis modernos. «Eu intento manter a tradición viva, porque as zocas non son só un tipo de calzado, senón un reflexo da nosa cultura e a nosa historia», conclúe Álvaro. Nas feiras onde expón as súas zocas, o mozo artesán conta que cada vez hai menos xente da súa idade interesada neste tipo de traballo, pero el segue apostando por iso.