16 rutas gratuítas no mes de maio para coñecer o patrimonio románico lucense

A Deputación lanza a terceira edición deste programa organizado polo Día da Transrománica, ofrecendo en total 400 prazas, 25 por itinerario
Actividades Día da Transrománica 2022

A Deputación de Lugo lanza a terceira edición do programa de actividades gratuítas con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio. Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas do mes de maio. As visitas faranse os días 6, 7, 9, 13 e 14 de maio e estarán dirixidas por un guía oficial de turismo. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas.

As inscricións poderán facerse na web dende este mesmo venres, 28 de abril, ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico [email protected]. A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo.

A Ruta Transrománica na que ingresou a Deputación de Lugo está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A provincia de Lugo é o terceiro lugar de toda España que forma parte desta entidade, despois de Castela e León, co mosteiro de Santo Domingo de Silos, e a cidade de Zamora, e conta na súa ruta con 10 igrexas de arte románico situadas noutros tantos concellos da Ribeira Sacra.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.