Becerreá acolle este sábado o I Musical Folk Asturgalaico Valdesouto

Nesta cita, que arrancará ás 12:00 horas, instrumentos como a gaita ou o acordeón serán os protagonistas
170822 Presentación Festival Asturgalaico (2)

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este mércores o I Musical Folk Asturgalaico Valdesouto, que se celebrará este sábado, 20 de agosto, na Quintá de Cancelada, en Becerreá. A cita, impulsada pola Asociación Cultural e Deportiva Chao de Seves, conta cunha achega provincial de 6.000€.

O encontro xuntará a numerosos músicos tradicionais da zona da montaña e de toda a provincia, pero tamén de Asturias, para celebrar unha cita na que os instrumentos como a gaita ou o acordeón serán protagonistas. García Porto destacou a importancia desta cita, que permite “consolidar o modelo de turismo que defendemos dende a Deputación de Lugo: un turismo de calidade e sostible, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, que pon en valor o noso patrimonio e que crea riqueza e emprego”.

Explicou que se trata dunha iniciativa que contribúe “a revitalizar o rural con propostas culturais, que pon en valor o patrimonio e que completan o programa anual da asociación organizadora, no que que inclúe actividades de lecer e aventura pola comarca”.

A primeira edición do Musical Folk Asturgalaico Valdesouto arrancará ás 12:00 horas coa recepción de participantes e, posteriormente, o pregón a cargo de José Manuel Rubinos Souto e un xantar popular. A partir das 17:00 horas haberá actuacións dos músicos asistentes. A xornada rematará cunha cena e unha foliada a partir das 23.00 horas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.