Arranca o Fórum Lugo 2022

O encontro converte á provincia durante tres xornadas nun centro de exposición e intercambio de proxectos innovadores
Diputación de Lugo
Diputación de Lugo
PUBLICIDAD

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este xoves no Pazo de San Marcos xunto á Vicepresidenta Terceira do Goberno e Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera Rodríguez, o Fórum Lugo 2022, un encontro que converte á provincia durante tres xornadas, dende hoxe ao sábado, nun centro de exposición e intercambio de proxectos innovadores de entidades de todo o país para impulsar o desenvolvemento sostible.

O mandatario provincial deulle a benvida á provincia aos representantes das 18 candidaturas finalistas do certame, que proceden distintos puntos xeográficos do país, e tamén a todas aquelas persoas que se inscribiron para participar neste foro. “A filosofía do Fórum Lugo 2022 baséase en compartir experiencias, xerar sinerxías e crear comunidade, por iso, recibilos hoxe aquí dálle pleno sentido á Copa de España Creativa que a Deputación de Lugo gañou en Orihuela o pasado ano”.

O propio Fórum Lugo e as propostas finalistas da Copa de España Creativa 2022 poñen de manifesto que “non hai unha España baleira ou baleirada, senón que, polo contrario, está chea de ideas, de proxectos e de novas maneiras de ver o mundo, e que só necesitan atención, recoñecemento e respaldo para converterse en realidade”, recalcou o presidente, destacando “investimentos de contía histórica para mellorar as infraestruturas viarias e ferroviarias, e recuperar así o tempo perdido que viñamos arrastrando”.

Teresa Ribera salientou o alto nivel do programa do Fórum Lugo 2022, ao combinar conferencias, presentacións, mesas de debate e a defensa das candidaturas finalistas. “Saber que Nacho Duato, Luz Casal, Teresa Perales ou Luis Tosar compoñen o programa fan tanxible que esta é unha provincia rica e creativa. Pon de manifesto que creatividade non falta na Deputación de Lugo”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.