Lugo celebra o último mes de tardeos e noiteos cargados de actividades

Maña será o turno dun tardeo na Rúa Rafael de Vega cun xogo de palas, Spiribol Challenge, e o DJ Marcos Peón
Imaxe de arquivo dun dos tardeos lucenses | Concello de Lugo
Imaxe de arquivo dun dos tardeos lucenses | Concello de Lugo

Os tardeos e noiteos promovidos polo Concello de Lugo despídense neste mes de setembro cunha ampla variedade de actuacións musicais, obradoiros, e actividades para todas as idades nas diferentes zonas da cidade. Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira, para dinamizar as rúas e os barrios lucenses e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.

A próxima das actividades será o tardeo organizado este xoves día 1 na Rúa Rafael de Vega cun xogo de palas, Spiribol Challenge, e o DJ Marcos Peón. Pola noite celebrarase o noiteo na praza do Campo  cunha actuación musical con Deté. O venres será o turno do tardeo na Fonte dos Ranchos cun «funny photocall», obradoiros de maquillaxe e atrezzo e DJ Alex Nite. O noiteo será no cruce As Gándaras cun monólogo de Lois Pérez. O sábado e o domingo tamén haberá actividades e estas continuarán hasta final de mes.

“Os tardeos e noiteos, xunto con outras actividades como os mercadiños á beira do Miño ou as festas temáticas que organizamos na Tinería durante o verán están a resultar un éxito tanto pola participación de veciños e veciñas como pola oportunidade que supoñen estas citas para o comercio e a hostalería da cidade”, valorou Ana Abelleira.

Os tardeos de setembro terán lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, mentres que os noiteos celebraranse de 21:00 a 23:00 horas.

Almorzo de negocios Localmente Lucense

Así mesmo, a edil lembrou que “mañá, xoves, volven os almorzos de negocios que impulsamos dende o executivo municipal para que o empresariado e os emprendedores amplíen a súa rede de contactos co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego”.

Será o quinto que se desenvolverá este ano. Para facilitar á participación, se van organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona. Nesta ocasión, celebrarase na cafetería Pasarela -Rúa Frai Plácido Rei Lemos, 1-, en horario de 08:30 a 09:30 horas. Hoxe é o último día para inscribirse a través da páxina web.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.