Lugo presenta un selo dedicado ao mural de Julio César

O selo do Julio César de Lugo forma parte da serie filatélica 'Arte Urbano' e conta cunha tirada de 124.000 exemplares, cun valor de 1,75 euros a unidade
140323 Julio César

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidía hoxe a presentación do selo dedicado ao mural de Julio César. Considerado como o Mellor Mural do Mundo 2021, que Correos puxo en circulación no mes de febreiro como unha homenaxe a “esta extraordinaria manifestación de arte urbana que temos na nosa cidade” apuntaba.

A rexedora explicou que se leva impulsando a arte urbana desde o 2009, como unha forma de expresión que non só embelece a cidade, senón que permite enxalzar ideas e valores ao tempo que puxo en valor o programa Urban Cores “no que temos a gran sorte de contar tamén con Diego As. Un programa que o pasado domingo remataba a súa segunda edición e co que, non só estamos a fomentar a arte urbana e contemporánea senón que ten unha importante compoñente social xa que permite achegar á mocidade ao arte a través da formación e a participación nos diferentes traballos” explicaba Méndez recordando que “en Lugo contamos coa primeira rúa de Galicia convertida en museo de arte urbana ao aire libre: a rúa do Esquecemento”.

Á presentación, celebrada no consistorio da capital lucense, asistiron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o artista autor do mural, Diego As; e a directora de Filatelia de Correos, Leíre Díez. No acto realizouse un matasellado de honra.

Correos dedica o completo da imaxe do selo á obra do lucense Diego As, nunha instantánea en contrapicado, que destaca o impoñente do mural. Pintado na rolda da Muralla, lembra o pasado romano de Lugo cun retrato en escala de grises do emperador romano que xa se converteu en parada obrigatoria na cidade, sumándose aos seus atractivos turísticos.

A emisión filatélica conta cunha tirada de 124.000 exemplares, a un valor de 1’75 euros cada selo. O selo pode adquirirse en calquera oficina de Correos e tamén contactando co Servizo Filatélico no e-mail [email protected] ou chamando ao 915 197 197.

A maior plataforma de arte urbana do mundo, Street Art Cities, considerou o mural lucense gañador do ano 2021 a nivel internacional. Esta aplicación permite coñecer máis de 15.000 obras situadas en máis de noventa países. O Julio César de Lugo obtivo o primeiro premio tras recibir máis de 60.000 votos, sendo o máis valorado de entre un centenar de obras de todo o mundo, entre elas, 16 españolas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.