Máis de 60 establecementos do centro histórico de Lugo participan no Truco ou Trato

Entre as actividades inclúese un fondo fotográfico, un obradoiro de pintado de caras e un pasarrúas
julia-raasch-4z4ztWP7WPs-unsplash

Lugo Monumental retoma un ano máis as actividades de Samaín, e engade ao seu xa coñecido «truco ou trato» e o fondo fotografico, dúas actividades máis: un obradoiro de pintado de caras e un pasarrúas.

O obradoiro de pintado de caras terá lugar o sábado día 29 dende as 12 da mañá na Praza de San Marcos, fronte á Deputación Provincial. No caso de que o tempo non o permita, trasladarase ao salón de actos da Deputación. O obradoiro consistirá nunha demostración feita polos maquilladores de Aluma Peluquerías, que levarán varios modelos de maquillaxe de Samaín e explicarán aos pais e nais dos nenos cómo facer unha caracterización. É preciso anotarse na libraría infantil El Faro de los Tres Mundos.

O día 31 estará instalado o habitual fondo fotográfico deseñado por Lucía Barrios no local de Ajuar Decoración da Galería que comunica Campo Castelo coa Praza Maior. Ese mesmo día haberá a exitosa actividade de Truco ou Trato

O funcionamento non pode ser máis sinxelo: máis de 60 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible. Na web estarán as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participante. Non fai falta que os nenos acudan caracterizados nin a inscripción previa.

O día 31 entre as 19:30 e as 20:30 horas haberá un pasarrúas do grupo Troula grazas á financiación conxunta, froito da colaboración entre a Asociación Lugo Monumental e o Concello de Lugo a través da iniciativa Localmente Lucense. O pasarrúas será moi vistoso, xa que combina personaxes de medo e incluso lume, polo que animan a todos os lucenses a buscalo polas rúas do centro amurallado.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.