O Concello de Lugo denuncia as trabas da Xunta pola zona de baño pública no Miño

A corporación demanda explicacións polo informe desfavorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural sobre o cambio de ubicación da estrutura flotante
Imagen de archivo de la supervisión del inicio de las obras de la zona de baño pública del Miño el pasado año
Imagen de archivo de la supervisión del inicio de las obras de la zona de baño pública del Miño el pasado año

“A Xunta de Galicia négalle aos e ás lucenses o dereito a gozar dunha zona de baño pública no Miño”.

Con esa rotundidade se expresaba onte o tenente de alcaldesa e voceiro municipal, Miguel Fernández ao respecto do informe desfavorable emitido onte pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural sobre o cambio, non substancial, de ubicación da estrutura flotante, uns 40 metros augas arriba.

“A resolución é clarísima. Pretende coartar non só neste 2022, senón, de súbito, os 25 anos de concesión que temos autorizados, tratando de deslexitimar o permiso que se nos outorgou, negándonos a posibilidade de avaliar, cada exercicio, cal é a situación do río para determinar se, cada verán – pero un a un – resulta procedente ou non colocar as piscinas”, afirmou o portavoz.

Para o Goberno local, a propia Xunta de Galicia entra en contradición consigo mesma ao posicionarse en sentido contrario ao que determinou no derradeiro informe que enviou en 2019 á CHMS – previo á concesión do permiso- e no que afirmaba literalmente que, respectando eses condicionantes, «poderíase autorizar a instalación destas piscinas (na localización proposta) se así o entenden dende a CHMS», como foi.

Un cambio de localización que obrigaría, por outra parte, a empezar de cero toda a tramitación para crear a praia fluvial, desbotando todo o traballo feito pola Administración local nos últimos anos e que xa contaba co aval dos organismos correspondentes. O tenente de alcaldesa explicou que a Administración local foi a única que acometeu a prospección tanto da localización inicial como da proposta posterior.

“Lamenta, alén, a Consellería de Medio Ambiente que non achegásemos os prazos da desmontaxe da plataforma, un aspecto polo que nunca antes preguntaran, e que, en todo caso, é de 2 días”.

Miguel Fernández avanzou tamén que o Concello explora agora coa Confederación Hidrográfica a abordaxe da negativa da Xunta a que Lugo conte con praia fluvial e deixou claro que o Executivo de Lara Méndez seguirá dando pasos e pelexando para poder habilitala canto antes.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.