Os clubs deportivos da cidade de Lugo recibirán 166.000 euros de achegas municipais

A Xunta de Goberno Local autorizou cinco achegas económicas ao Ensino C.B, ao Estudiantes C.B, ao Triatlón Cidade de Lugo, á Escudería Miño e ao Club Natación Porta Miñá
Concello de Lugo
Concello de Lugo

O Concello de Lugo, a través da concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, apoiará este ano con 166.000 euros o labor que desenvolven diferentes clubs da cidade.

Así, a Xunta de Goberno Local autorizou, na sesión celebrada hoxe, a adxudicación – polo procedemento de concesión directa mediante convenio – dun total de cinco achegas económicas ao Ensino C.B, ao Estudiantes C.B, ao Triatlón Cidade de Lugo, á Escudería Miño e ao Club Natación Porta Miñá.

O concelleiro responsable da área indicou que “estas axudas teñen, dentro do seu cometido, a promoción e impulso da práctica deportiva na cidade ao tempo que se constitúen como unha fonte de recursos primordial para moitas entidades e asociacións que operan neste ámbito, posibilitando, así, a continuidade do seu labor”, explicou o edil.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.